Este domingo é o día do Corpus Christi e a Igrexa celebra o Día da Caridade.
Como di o Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Xulián Barrio Barrio, na Carta Pastoral no Día do Corpus Christi “… Cáritas nos seus diversos ámbitos, prestan o precioso servizo de axudar ás persoas necesitadas, sobre todo aos máis pobres.”
Precisamente este domingo a colecta da eucaristía vai destinada a Cáritas, por iso, nestes tempos de crise, che pedimos que colabores na medida das túas posibilidades. Grazas.
Tamén queremos subliñar que Cáritas Interparroquial de Arousa acaba de publicar o seu Boletín informativo nº57 que podedes ver pinchando na seguinte imaxe.