Despois de que o grupo de baile e gaitas parroquial estivera en Ibiza do 5 ao 8 de setembro de 2008, representando ao concello de Vilagarcia de Arousa e mostrando o folclore da nosa terra nas festas de Jesus (no municipio de Santa Eulària des Riu), este ano tocoulle ao grupo «Sa Colla de l´Horta» visitar a nosa parroquia para mostrar o folclore ibicenco.
Grazas ao esforzo do do noso grupo de baile e gaitas, da nosa asociación cultural e da concellaría de Cultura do concello de Vilagarcía de Arousa, os nosos amigos de Ibiza desfrutaron os días 22, 23 e 24 de agosto das festas, da gastronomía e da hospitalidade dos vilagarciáns.
Podedes ver algunhas das imaxes dos encontros na galeria.