Evanxeo do domingo 10 de outubro de 2010:
{slideshare}[slideshare id=5369490&doc=atuafesalvouche10-10-10-101006032328-phpapp01]{/slideshare}
AVISOS:
CATEQUESE 2010-2011:
Pódeste inscribir dende o 12-09-10 ata o 17-10-10.
Descarga a inscrición e entrégaa na parroquia o domingo.
A catequese dos nenos de 1º de primaria a 2º da ESO será os domingos despois da misa de 10:30h.
Se é a primeira vez que o rapaz ven á catequese da parroquia, os pais deberán falar co noso párroco no horario de despacho: Martes, Mércores e Xoves de 21:00h. a 22:00h.
Os rapaces dos cursos de preparación da Confirmación terán unha reunión o xoves 14 de outubro ás 20:30h.
XXXVIII PASCUA XOVEN DE AROUSA: «E ti, tes para comer?»
O sábado 16 de outubro ás 20:00h. primeira convocatoria para o grupo Xunq-Font da Pascua Xoven de Arousa.
ASOCIACIÓN CULTURAL:
A asociación cultural «A Nosa Señora da Xunqueira» invítanos a todos ao inicio do curso cultural 2010 – 2011 que terá lugar no Obradoiro parroquial o venres 8 de outubro ás 21:00h. e contará coa actuación de Manuel Lassa e o grupo de Acordeóns «Arosa».
Esperámosvos a todos. Xuntos, facemos parroquia!