Luz da Paz de Belén

Luz da Paz de Belén

O noso párroco participará na celebración da Luz da Paz de Belén.

A Luz da Paz é unha iniciativa de Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de scouts e guías de diferentes países do mundo, reparten a luz que acendeu un nen@ austriac@ na cova do nacemento de Xesús en Belén.

O día 13 de decembro a luz chegará a Barcelona onde parte da mesa xeral iremos a buscala para traela a nosa terra.

Voltaremos con ela e o día 17 de decembro convidámosvos á celebración que terá lugar na capela do Santísimo da Catedral de Santiago onde repartiremos a Luz aos grupos e persoas alí presentes que queiran vir a recollela.

O acto terá lugar ás 20.15h.

www.scoutsgalicia.org