A Luz da Paz de Belén

Este domingo 19 de Nadal, acollemos na nosa parroquia A Luz da Paz de Belén.

luz

Grazas aos scouts católicos, que como en anos anteriores, a traen de Barcelona, que a súa vez chega alí dende Viena (un neno scout de Autria encéndea en Belén, na cova da Natividade, e tráea ao seu país; dende alí, os scouts lévana o todos os rincóns do planeta). Toda unha celebración chea de sentido e simbolismo.

Oxalá a paz chegue a os nosos corazóns e a esta aldea global. O noso párroco, que é consiliario diocesano dos scouts, estivo o venres 17 de Nadal na Catedral de Santiago de Compostela (capela so Santísimo) onde se fixo a celebración da Luz da Paz de Belén para levala ás dioceses de Galicia.

Os scouts tamén levaron dita luz ao Arcebispo.

Aquí en Galicia, leva facéndose esta celebración dende a metade da década do 2000.