A XXXIX edición da Pascua Xoven Arousa terá lugar a próxima fin de semana, do 20 ao 22 de abril, no colexio filipense “Sagrada Familia” de Vilagarcía de Arousa.
Baixo o lema “¿E ti que sentes?” centos de xóvenes reuniranse, a partir do venres, 20 de abril, pola tardiña parareflexionar, debatir e orar.
E todo iso como xa é costume, apoiado coa boa música e bo estilo xuvenil.
O sábado 21 de abril tras a comida compartida teremos os Faladoiros que este ano serán:
– Acompañando e convivindo coa mocidade de hoxe. Menos palabras e máis corazón. Joaquín Chaves (catequista)
– Polo Yoga a Xesús de Nazaret. Aprendendo e Desaprendendo no camiño interior. Devi Dejivi (logopeda)
– E se falta a música? Con ela aprendín a ser máis feliz. Borja (pascueiro)
– Eu quero ser crego nestes tempos. ¿É posible ser feliz no sacerdocio ministerial? Andros Iglesias (seminarista)
O Testimonio desta 39 edición correrá a cargo do músico Migueli.
E para finalizar, o domingo 22 de abril, a Asamblea aprobará un manifiesto que este ano se enviará a diversas ONGs.
A parroquia de A Nosa Sra. da Xunqueira de Vilagarcía é a coordinadora do encontro.
Atópanos en Facebook, Twitter e Google+