Preparativos para a Festa da Música 2012

Un ano máis, o terceiro, celebraremos a FÊTE DE LA MUSIQUE en Vilagarcía de Arousa, o vindeiro 21 de xuño, a partires das 19.30 horas.

Dende Airiños e a Parroquia A Nosa Sra. da Xunqueira, convidámosvos a todos a percorrer a ruta da Música que convertirá a nosa cidade nun grande escenario no que músicos, afeccionados e non tan afeccionados, poñerán banda sonora ao solpor.

 Todos os que queirades participar e saír no programa oficial, deberedes poñervos en contacto coa organización antes do día 9 de xuño:

– Enviando un mail a fiestamusicavilagarciaarousa@gmail.com 

– Na páxina de facebook FIESTA DE LA MUSICA VILAGARCIA DE AROUSA.

–  Ou a través da nosa páxina.

Se a última hora vos animades a organizarvos cos amigos e sacar as guitarras á rúa para facer o voso propio concerto, poderedes facelo sempre que respectedes os lugares xa reservados. Recordade que o Concello permite que calquera persoa ou grupo poida tocar onde queira ese día, sempre que non interrompa o paso das persoas, se faga en prazas, xardíns ou rúas peonís e remate antes das 12 da noite.

 A FÊTE DE LA MUSIQUE é un acontecemento musical creado en Francia en 1982, e exportado ao resto do mundo con motivo do Ano Europeo da Música en 1985, que se converteu nunha cita mundial para 410 países.