Hoxe faleceu Don Jaime Vaamonde Souto párroco fundador de A Nosa Señora da Xunqueira. Don Jaime foi tamén párroco en San Pedro de Fontecarmoa e o fundador da Pascua Xoven de Arousa e Airiños.
Dende aquí unímonos a súa familia e damos grazas a Deus polo seu fecundo ministerio.
O seu funeral será na parroquia de Santa María de Cutián (Cesuras) mañá venres 8 de marzo ás 16:30h. Sairán autobuses dende a nosa parroquia ás 13:00h.
O grupo Airiños solicitou cantar na celebración eucarística in memoriam de don Jaime e para faciilitar a súa presencia finalmente o funeral será o sábado 16 de marzo ás 20:00h.
Sábado 16 de Marzo ás 20:00h. funeral in memoriam por Don Jaime Vaamonde Souto, o noso párroco fundador.