XL Pascua Xoven Arousa: Achegádevos!

Os día 12,13 e 14 de abril celebramos a Pascua Xoven Arousa na súa 40 edición. Esperámosvos! E sobre todo a aqueles que pasastes por aquí ao longo destas 4 décadas, achegádevos, seres benvidos!

O sábado 13 á tardiña teremos o testemuño que dará Bea e contaremos tamén con Emilia Arija, unha madriña de luxo para presentar o disco da Pascua. O primeiro disco!

A eucaristía será na Xunqueira ás 23:00h. e será un momento especial para lembrar a don Jaime Vaamonde Souto que fundou a Pascua Xoven Arousa, Airiños e a parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía.

Grazas!