Evanxeo do domingo 26/5/2013: Santísima Trinidade.

Domingo da Santísima Trinidade – 26 de maio de 2013:

24, 25 e 26 de maio: Festas Patronais.
ESTAMOS DE FESTA!

Esta fin de semana celebramos as festas patronais:
– Venres 24:
      21:30h. Grupo de teatro “O noso lar” coa obra “¡Ay como está el servicio!”
– Sábado 25:
     16:00 Partidos de Solteir@s-Casad@s
     20:30h. Misa Solemne e procesión. Despois sesión de baile a cargo do grupo da parroquia. Verbena: “Gran Atlanta” e “La Torre”
– Domingo 26:
    10:30h. Misa de Primeiras Comuñóns
    12:30 Misa solemne e procesión. Despois concerto da Banda de Música.
    19:00h. Xogos e animación para nenos.
Lembrámosvos que estas semanas estamos no Obradoiro a partir das 16:00h preparando as flores para as alfombras.
Colaborade o tempo que vos sexa posible. Entre tod@s as festas serán mellores.
Queremos dar as grazas a todas as persoas, entidades e empresas que colaboraron para poder realizar estas festas.
E sobre todo, moitísimas grazas á comisión de festas polo seu traballo incansable ao longo de todos estes meses.
Estades invitados. ¡Esperámosvos!

 
E ti, vas quedar sen o teu disco?
Este cd non ten prezo, o prezo posllo ti.
O que se recaude irá para proxectos de Cáritas.
   O grupo Airiños, a parroquia e a asociación cultural están a organizar a IV Edición da Festa da Música que terá lugar o venres 21 de xuño en Vilagarcía de Arousa.
Todos aqueles grupos que estades dispostos a participar xa vos podedes poñer en contacto con nós