Os días 20, 21 e 22 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as X Xornadas de Fe-Cultura.
– Mércores 20: Crer para vivir. Camiños de ida e volta!
D. Andrós Iglesias Márquez. Diácono e mago.
– Xoves 21: Crer para amar. En que Deus cremos? Novas linguaxes! Novos retos!
D. Miguel López Varela, Doutor en Teoloxía Catequética e Pastoral.
– Venres 22: Crer para esperar. Para que serve un Sínodo? Removendo as augas e conectados!
D. Rafael Casás Salgado, Licenciado en filoloxía clásica e diácono permanente.
A pregunta fundamental de cada home é a seguinte: Como se chega a ser home? Como se aprende a arte de vivir? Cal é o camiño da felicidade? Evanxelizar significa amosar este camiño, ensinar a arte de vivir. Xesús di ao comezo da súa vida pública: “Vin para evanxelizar aos pobres” (Lc 4, 18). Isto quere dicir: “Eu teño a resposta á vosa pregunta fundamental; eu amósovos o camiño da vida, o camiño da felicidade. Máis aínda, Eu son ese camiño… (Eu son) o Evanxeo, a boa nova en persoa.
Joseph Ratzinger.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.