Os días 19, 20 e 21 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XI Xornadas de Fe-Cultura.
– Mércores 19: ¿O Cristianismo ten futuro? Socioloxía da realidade galega.
D. Luis Cuntis Docampo, Licenciado en Historia e Sociólogo.
– Xoves 20: Curando feridas e abrindo camiños: Desafios actuais na parexa.
D. Luis Manuel García Bernadal, Doutor en Teoloxía.
– Venres 21: Estilo e Programa do Papa Francisco á luz de Evangelii Gaudium.
D. Manuel Longa Pérez, Doutor en Filosofía.
A Igrexa «en saída» é unha Igrexa coas portas abertas. Saír cara aos demais para chegar ás periferias humanas non implica correr cara ao mundo sen rumbo e sen sentido. Moitas veces é máis ben deter o paso, deixar de lado a ansiedade para mirar aos ollos e escoitar, ou renunciar ás urxencias para acompañar ao que quedou ao costado do camiño. Ás veces é como o pai do fillo pródigo, que queda coas portas abertas para que, cando regrese, poida entrar sen dificultade.
Evangelii Gaudium
Papa Francisco.
Ven e verás!
GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.