Evanxeo do domingo 14-12-2014

Evanxeo do III domingo de ADVENTO – 14 de decembro de 2014:

14-12-2014.ppt

Parroquia:

– Xa queda pouca lotería de Nadal da parroquia:

Loteria Nadal 2014

 – Xa podedes ver algunhas imaxes do pasado sábado 6 de decembro na Vixilia da Inmaculada – Xornada Diocesana de Xuventude

cartel vixilia da inmaculada 2014

– Cáritas parroquial pon en marcha a Operación KILO para axudar aos máis necesitados da parroquia.
    Na medida das túas posibilidades, COLABORA!

– A tarde do venres 19 de decembro teremos a Festa dos Maiores coa actuación musical do grupo Quinta Avenida e unha gran chocolatada!
Ven ao Obradoiro a pasar a tarde con nós!

– O sábado 20 de decembro ás 16:30h. no Obradoiro Cultural os rapaces da catequese farán o Festival de Nadal.

– A fin de semana do 20 e 21 de decembro chegará a parroquia a Luz da Paz de Belén.

– Para participar no 6º Concurso de Beléns só precisas enviar unha foto do teu belén na que apareza unha foto ou un debuxo do Papa Francisco á nosa dirección: parroquia@axunqueira.com
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese así coma tamén o nome da túa catequista.
Tes de prazo ata o luns día 22 de Nadal de 2014.  Esperamos o teu belén!

6 concurso belens 

Na misa do 25 de Nadal haberá unha sorpresa para os participantes.  PARTICIPA!