A Luz da Paz de Belén

A Luz da Paz de Belén un ano máis chega á nosa parroquia grazas aos scouts, que este ano fixeron a celebración para toda Galicia nos Franciscanos de Compostela.

LuzPazBelen 14 05

Alí estivo o noso párroco e achegounos a Luz para que estas semanas a poidamos recoller nas distintas celebracións.

Xa pasaron a recoller a Luz os mozos da Basílica de Santa María A Maior acompañados polo xoven sacerdote Ricardo Sanjurjo.

Tamén os mozos da Pobra do Caramiñal. 

Que a mensaxe de Paz e Amor se espalle por todas as comarcas e alumee as nosas familias estas festas e todo o ano.

Bo Nadal e feliz aninovo!