Evanxeo do domingo 22 de novembro de 2015
– Xa está á venda a lotería de Nadal da parroquia.
Pásate pola sacristía!
Asociación cultural:
– Este sábado 21 de novembro despois da misa, sobre ás 20:15h, celebraremos o tradicional Magosto Parroquial coa actuación do noso grupo folclórico.
– Esta semana o noso párroco está de garda no Hospital do Salnés.
– Os días 25, 26 e 27 de novembro ás 20:30h. XII Xornadas de Fe-Cultura – Semana da parroquia, coas seguintes charlas-coloquios:
Mércores 25: Persoas diferentes, iguais en dignidade. Saber acoller, acompañar, curar e amar.
Dña. Lorena Lamas López, Licenciada en Educación e Traballo Social (Cáritas Diocesana)
Xoves 26: Introducíndonos na encíclica o Laudato si.
D. Manuel Longa Pérez, Doctor en Filosofía.
Venres 27: Coidando a casa común A TERRA e amando as persoas, segundo a Biblia.
D. Ricardo Sanjurjo Otero, Licenciado en Sagrada Escritura.
Pascua Xoven:
– O sábado 28 de novembro ás 10:30h. teremos reunión do Secretariado da Pascua Xoven Arousa.