Esta fin de semana, 8, 9 e 10 de abril, celebramos a Pascua Xoven Arousa na súa 43 edición. Esperámosvos!
O sábado 9 á tardiña teremos os Faladoiros:
– Acompañando con ternura e Paciencia Activa; todos somos (potenciais) enfermos!!! Ángela e David (educador social)
– Acompañando aos nosos mozos dende abaixo e conectando coas súas dinámicas; todos queremos ser felices!!! Miguel de la Mata (Franciscano)
– Acompañando neste mundo con misericordia e apostando por cada persoa. Rubén Iglesias (Cáritas Diocesana)
– Acompañando no cárcere; todos podemos cambiar e saír dos círculos viciosos!!! David Álvarez (cura rural)
E despois o testemuño que darán tres integrantes de “Pueblo de Dios” (Huelva), María, Óscar e Lorenzo, baixo o título: “Pasa y participa de lo que tuyo”.
A eucaristía será na Xunqueira ese mesmo sábado ás 23:00h.
Este ano a XLIII Pascua Xoven Arousa tratará o tema da misericordia co lema-slogan ‘A persoa é o primeiro‘.