Como todas as últimas fins de semana do mes de maio e despois de santa Rita, celebramos as nosas festas patronais e nesta ocasión, aínda baixo as limitacións e restricións impostas pola pandemia da Covid-19.
Sábado 29 de maio:
- Eucaristía ás 20:30h. na honra da nosa patroa a Virxe da Xunqueira.
Domingo 30 de maio:
- Eucaristía ás 10:30h. Primeiras Comuñóns.
- Eucaristía ás 13:00h. Misa do Santísimo.
Recordamos que nestas festas non haberá pasarrúas, procesións, alfombras florais nin verbenas e as eucaristías serán cumprindo o aforo máximo permitido.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, responsabilidade, sensatez e prudencia.
Imaxes das festas patronais 2021: