XLIX Pascua Xoven Arousa 2022

Edición nº 49
Tema:  A ECOLOXIA
Slogan: AGARDANDO POR TI
Días: 23 de Abril de 2022

Imaxes da 49 edición:

49_PascuaXovenArousa_2022_000

Image 1 De 164

Dende o pasado mes de setembro cada último sábado de mes xúntase o SECRETARIADO nos locais parroquiais da Xunqueira.
Está formado polos representantes de cada grupo de orixe que queren participar na debandita PASCUA. Os grupos veñen dende A Coruña, Santiago, Ourense, Noia, Pontevedra, O Morrazo, O Barbanza e a nosa Arousa.
O longo do tempo, nesas reunións escóllese o tema, diséñase o cartel anunciador e prepárase o material de traballo previo á gran convivencia festiva.

Ata xaneiro os grupos teñen prazo para inscribirse e estudar a primeira das Fases de traballo da Pascua; este ano traballouse o tema dos fenómenos naturáis, o cambio climático, e as situación mais graves do deterioro medioambiental. Que temos que mudar ou mellorar?

 A partir de febreiro os grupos traballan a segunda Fase, este ano fixemos una interesante reflexión sobre o contido da Biblia e a súa menxase sobre o cuidado e cariño coa Creación; os textos bíblicos son interesantes para una conciencia ecolóxica e cívica, estudamos moito a encíclica “Laudato Si” do Papa Francisco, todo un caderno de bitácora para as persoas que queremos vivir en armonía coa Nai Terra.

O DÍA DA PASCUA EN VILAGARCÍA

SÁBADO 23 de Abril:

            Chegaremos sobre as 11 e será una miniconvivencia dunha xornada onde unha mínima representación de 35 a 50 pascueiros participarán ao longo da xornada dun ambiente de traballo, xogo, ambientación e coma sempre, boa música. Será todo moi distinto ao non poder estar como en xornadas anteriores os 300 mozos, pero este ano ainda temos que priorizar a saúde de todos e facer as cousas con máis con responsabilidade e sentidiño que nunca. Ainda non rematóu de todo esta pandemia.

            Antes da Eucaristía que este ano será no Colexio das Filipenses, como todas as restantes actividades, como é obvio, para non arriscar, teremos o testimonio que levarán a cabo David Santafe musico de prestixio e renome en todos os ámbitos cristiáns do Estado, e moi coñecido e valorado no panorama musical e nas ONGs e movimentos de acción social.

Sempre a Testemuña e mais neste ano con este afamado artista é un momento de “portas abertas”, pero as normas sanitarias e os aforos limitados, nos obrigan a coidar a saúde de todos, a ser moi esixentes e responsables. Se alguén quere acudir que se poña en contacto con nós. Este ano ainda é distinto como xa sabemos todos ¡Ben que o saben os que se dedican á Música e ao mundo da Cultura en Xeral!

NÚMERO DE ASISTENTES E PARTICIPANTES: ao redor de 50 mozos e mozas.

OUTROS: Cada participante está identificado cunha pegata, recibe unha carpeta e un cancioneiro. E este ano un pequeño Kit anticovid persoal (máscara, xel hidroalcohólico,,,), ademáis como é de sentido común, tomaránlle a temperatura a cada quen antes de entrar no recinto.