Estamos de festa!
Como todas as últimas fins de semana do mes de maio e despois de santa Rita, celebramos as nosas festas patronais.
Pouco a pouco imos recuperando a “vella normalidade” as nosas vidas, e como non podía ser doutra forma, a parroquia tamén.
Este ano teremos as procesións, as alfombras florais…. aínda que imos paseniño, con ilusión e moito sentidiño.
Estes son os actos programados:
Sábado 28 de maio:
- Eucaristía ás 20:30h. na honra da nosa patroa a Virxe da Xunqueira coa presenza do noso Grupo Folclórico.
Domingo 29 de maio:
- Eucaristía ás 10:30h. Primeiras Comuñóns.
Eucaristía ás 12:30h. Misa do Santísimo cantada pola coral Santa Eulalia e A Nosa Señora da Xunqueira e a continuación a procesión coa presenza do noso Grupo Folclórico e a Banda de música de Vilagarcía.
“Imos paseniño, con ilusión e moito sentidiño”
Imaxes das Festas: