10 aniversario de Don Jaime Vaamonde Souto

Hoxe recordamos a don Jaime Vaamonde Souto no seu décimo aniversario.

 

Foi cura en Arousa. Fundou a nosa parroquia, A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía, e a Pascua Xoven de Arousa que este ano fai a súa 50 edición.

Creou o Grupo Airiños nos anos 70 en Vilagarcía.

Todo un fenómeno musical e xuvenil nesta zona. Aqueles emblemáticos Encontros de Música galega e cristiá tamén se deberon á súa persoa.

E así poderiamos seguir…

Foi tamén Vicario de Pontevedra e sobre todo un bo cura e compañeiro.


Sempre no recordo e na oración, aquí na Xunqueira de Vilagarcía, en Sta María de Pontevedra ou no seu Cutián familiar.

DEP

Celebraremos unha eucaristía in memoriam de Don Jaime Vaamonde Souto o domingo 12 de marzo ás 12:30h en A Nosa Señora da Xunqueira e o sábado 11 de marzo ás 19:30h. en San Pedro de Fontecarmoa.