51 Edición da Pascua Xoven de Arousa 2024

Xa non falta nada para que nos vexamos as caras!

Edición 51 da PASCUA XOVEN AROUSA

“Persoa”…

Aínda que non saibamos ler algunhas das palabras, todas significan o mesmo:‘persoa’ en varios idiomas.
Todas as persoas teñen cabida no corazón de Deus.

Lema: Todos x 3
O papa Francisco, na pasada Xornada Mundial da Xuventude, en Lisboa, repetiu que na Igrexa teñen cabida todas as persoas.
O número 3 é moi significativo para os cristiáns, pois tamén é o número da Trinidade, que é AMOR.

Todos x 3
Lema escrito de maneira imperfecta, con caracteres diversos; como se aínda non aprenderamos a escribir, mesturando varias tipografías. Buscamos reflectir que a Igrexa, formada por persoas, non é perfecta, polo que o camiño é buscar “escribir” cada día mellor; acoller cada día mellor. Ademais, é un xeito de representar a diversidade que existe no planeta e, tamén, na comunidade eclesial.

HORARIO :

Horario 2024

O Pascua-K-Fe, momento para tódolos pascueiros: de onte, de hoxe, de sempre.
Gustounos tanto o formato do Pascua-K-Fe, que queremos repetir neste ano. Para sábado pola tarde, 13 de abril, estamos organizando unha actividade que nos fará participar a todos dalgún xeito.
Será un tempo cheo de música, xogos, testemuñas e moita familiaridade, no que participarán pascueiros de hoxe e de onte, don Francisco José (o noso arcebispo), Xosé Lois Pastoriza, e algunha sorpresa de parte dos
grupos de orixe.

Vai compartir este momento con nós, Óscar Santos!

Xa estivo na Pascua nalgunha ocasión e,coas ganas que ten de compartir esta celebración con todos os pascueiros, non ha deixar indiferente a niguén. Dende xa, moitísimas grazas!

Só queda…
…vivir esta Semana Santa na familia, na comunidade, para que na Pascua poidamos ser persoas novas, nacidas da auga e do Espírito.

E sen máis, recibide unha gran aperta do Secretariado.

Imaxes da 51 edición da Pascua Xoven Arousa

PascuaXoven_2024_001

Image 1 De 263