Despois do habitual adestramento dos mércores, o equipo do Arosa SC, acompañados polo equipo técnico e directivos, realizaron unha ofrenda floral á Virxe da Xunqueira.
Deseguido pariciparon con devoción dunha misa, moi animados ante o inicio da competición oficial da Terceira Federación.
O noso párroco, co seu humor e estilo, tirando de símiles e metáforas bíblicas e deportivas, animounos a ser bos xogadores na vida e no campo, sendo recoñecidos polo seu xogo limpo, a ter bo feeling entre o equipo e míster e a sudar a camiseta en cada partido e retos do equipo .
Oxalá que teñan grandes éxitos e bos resultados nesta nova tempada!
Coa intercesión da Nosa Nai, a Virxe da Xunqueira, que o gocemos todos, e toda a cidade de Vilagarcía, deste grande equipo.