Reunión ADE Santiago

A mesa de goberno da Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago, formada por Iago Prado (Delegado Diocesano), Lorena Casal (Secretaria Diocesana), Manuel Cachaldora (Consiliario Diocesano), Héctor Ríos (Tesoureiro Diocesano), Ana Escrigas (Adxunta de Delegación) e María Lado (Adxunta de Secretaría), reuniuse o 22 de Febreiro na sede de Scouts de Galicia en Santiago.

A mesa traballou diversos temas de actualidade da Asociación:

– Situación dos seus grupos

– Celebración dos Días da Parroquia dos Grupos Scouts Ahadi e de Nyeri , quen celebrará tamén o seu XXX Aniversario

– Próximo Consello de Responsables de Grupo

– Estado da tesourería

– Participación do Consiliario na Comisión Xeral de Consiliarios e no Encontro de Consiliarios e Animadores da Fe de MSC

Rematada a reunión, os membros da ADE de Santiago compartiron unha cea todos xuntos.