Homenaxe a don Jaime en Santa María de Pontevedra

Don Jaime, o noso párroco fundador, recibiu unha homenaxe en Santa María de Pontevedra, onde levaba 15 anos de párroco, e por motivos de saúde tivo que renunciar á parroquia.

Despois dunha emotiva eucaristía concelebrada por sacerdotes do arciprestado, tivo lugar un xantar ao que acudiron 300 persoas.

Tamén estivo presente no xantar o alcalde de Pontevedra.

Parabéns para Don Jaime polo seu fructífero labor e que se recupere pronto.

Un abrazo moi forte dende a parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía.