Manuel Vázquez Formoso D.E.P

Hoxe fóisenos á Casa do Pai o que fora ata o ano pasado o cura párroco da outra Xunqueira, a de Cee: don Manuel Vázquez Formoso. Natural de Muros, fora  consiliario diocesano dos Scouts antes ca o noso cura. Un sacerdote bo e xeneroso, referente para os curas máis novos, querido e apreciado por onde pasou. Unímonos á nosa parroquia irmá de Cee e á súa familia e achegados nestes duros momentos.

Curas Xunqueiras

Día triste para a diocese, xa que pertencía á promoción máis numerosa do século XX. Foron 64 sacerdotes ordenados no ano 1961. Grazas, don Manuel. Lembrarémoste sempre, tamén no altar e nas nosas oracións.