COMUNICADO FESTAS PATRONAIS 2020

Este ano aínda que xa estamos na FASE 2, as Festas da Nosa Señora da Xunqueira celébranse doutro xeito, dende a casa e en familia, sen alfombras florais, nin verbena. Sen procesión, nin fogos. Sen banda municipal de música nin gaiteiros, pero iso si,  con moita complicidade entre nós, con maior cariño a Nosa Nai e con ganas de axudar aos nosos enfermos, e  tanta xente necesitada e vulnerable.
Que a Virxe da Xunqueira nos axude e acompañe. AMÉN!