O Grupo “A Nosa Señora da Xunqueira” nace como agrupación folclórica arredor do ano 1984 da man da “Madre Otilia”, unha monxa que sentía inquedanza pola música e o baile tradicional galego. O Grupo intégrase na parroquia da “Nosa Señora da Xunqueira”, comenzando cun grupo de 50 nenos e nenas de entre 8 e 17 anos. O número de integrantes varía de ano en ano, pois danse altas e baixas ó comenzo de cada tempada.

No ano 1995, únese á agrupación, un grupo de mulleres de entre 30 e 60 anos ó que se lle chama agarimosamente “Grupo das mamás”, xa que varias das súas compoñentes teñen fillos dentro da agrupación.

Algunhas das finalidades principais desta agrupación folclórica son: coñecela cultura popular, recuperala e espallala, ademais de agasallar á xente da parroquia e de fora dela, cun día festivo, cheo de ledicia, no marco dunha amizade, convivencia e cooperación.
O traballo que está a desenvolver este grupo non é a nivel profesional, podemos dicir, que o noso obxectivo é que tódolos compoñentes participen nel facendo o que lles gusta, bailando, tocando e cantando sen condicións de discriminación.
