Este domingo 28 de novembro comenza o Advento, e con el un novo ano litúrxico. O Advento é un tempo de preparación e oración para chegar coas pilas cargadas ao Nadal, e estar espertos e atentos ao Nacemento de Xesús. Cada un de estes catro domingos encederemos unha vela na coroa de Advento.
Onte, sábado día 20 de novembro, despois da misa das 19:30h. celebramos no obradoiro o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia. Despois de cantar e bailar saboreamos as ricas castañas. Xa podedes ver as imaxes tomadas no Magosto parroquial 2010 na galería.
Evanxeo do domingo 21 de novembro de 2010: {slideshare}[slideshare id=5828503&doc=unreinoparaaesperanza21-11-10-101118171601-phpapp02]{/slideshare} Este sábado 20 de novembro despois da misa de 19:30h. celebraremos o tradicional magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia.Esperámosvos a tod@s! Reunión do Secretariado da XXXVIII Pascua Xoven de Arousa o sábado 27 de novembro ás 10:30h. na parroquia. […]
Como cada ano por estas datas, Cáritas fai un chamamento a tódalas parroquias para que colaboren na recollida de alimentos para o comedor social e as familias necesitadas que, desafortunadamente, están a ser máis. Dende o comedor de Cáritas de Arousa recórdannos que precisan todo tipo de productos para a despensa e o conxelador, así […]