Festival de Nadal 2009

O próximo sábado, 19 de decembro, ás 16:30h. celebraremos o festival de Nadal no Obradoiro cultural. As panxoliñas e as representacións teatrais dos nenos da catequese, os catequistas e coros parroquiais farán que todos pasemos unha tarde diferente e divertida. Anímate e ven! Esta e outras datas de interese están no calendario de eventos a […]

Cambio da xunta directiva

O pasado venres 18 de decembro de 2009 tivo lugar a reunión da Asociación na que, entre outras cousas, tivemos cambio da xunta directiva, quedando esta composta da seguinte forma: Presidenta: Mónica Rubianes Vicepresidenta: Ana Acha Secretaria: Carmen Callón Tesoureiro: Ramón Bouzas Vocais: Mari Cambeiro, Ana Abuín, Diego Rubianes e Inma Otero

III Domingo de Advento

No III domingo de Advento recibimos a carta pastoral do noso arcebispo D. Xuilián Barrio Barrio na que, entre outras cousas, escribe o seguinte: “… propoño a todos os diocesanos que o 18 de decembro, venres da terceira semana de Advento, sexa un día de xaxún, vivido con actitude profundamente espiritual, ofrecendo cada familia unha […]

Calendario de eventos

Por todos é coñecido que somos unha parroquia xoven pero cargada de actividades nas que todos podedes colaborar. Para facer máis visual as datas destas actividades na nosa páxina web activamos, como podedes ver á vosa esquerda, un calendario de eventos. Neste calendario iremos incluíndo os eventos máis destacados de cada mes. Xa sabedes, se […]